ConcellosÚltima hora

A Guardia Civil informa aos peregrinos de como circular pola estrada

Os axentes explicábanlle que debían cicrular pola esquerda e en fila de a un.

Dende o pasado mes de abril, o Subsector de Tráfico da Guardia Civil de Ourense realiza unha campaña dirixida a peóns e ciclistas peregrinos do Camiño de Santiago, para que fagan o seu tránsito polas vías da provincia coa maior seguridade posible.

Os Guardias Civís desta unidade entregaron aos peregrinos que o precisaban, sexan camiñantes ou ciclistas, chalecos reflectantes e información sobre como deben realizar o tránsito coa maior seguridade posible.

Entre as recomendacións, a Guardia Civil lémbralles que os peóns deben camiñar pola esquerda, en fila de un e empregar prendas e alta visibilidade. Os ciclistas non poden facer uso de auriculares, deben levar aceso o alumeado, empregar roupa reflectinte, usar o casco de protección e, aínda que estean autorizados a circular de a dous, se lles aconsella que o fagan en fila de a un.

Dende a Dirección Xeral de Tráfico marcouse o obxectivo de evitar que se poduzan máis atropelos, polo que reiteran o chamamento aos condutores, de calquera tipo de vehículo, a que circulen por lugares frecuentados por ciclistas, camiñantes ou corredores, para que o fagan con cautela e se conciencien de que estes son o elemento máis fráxil en caso dun accidente.

Repartiron chalecos reflectantes xa que é obligatorio camiñar con el posto cando se vai pola estrada.

Artigos relacionados

Back to top button