OurenseÚltima hora

A Guardia Civil recibe 20 axentes de prácticas

Os novos guardias civís veñen da Academia de Baeza e do Colexio de Guardias Jóvenes de Valdemoro
Foto de grupo dos novos guardias civiles co Subdelegado, Roberto Castro. // Foto: Carlos Asensio.

A Comandancia da Guardia Civil de Ourense deu a benvida hoxe, 26 de xuño, a 20 novos axentes en prácticas procedentes 18 da Academia de Baeza e 2 do Colexio de Guardias Jóvenes de Valdemoro.

O acto estivo presidido polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, que salientou que é moi positivo que haxa xente xove “porque dinamiza o corpo, alén de seres unha experiencia moi positiva que lles permite tomar contacto coa profesión”. Por outra banda, lembroulles a estes novos Guardias Civís que “o honor e o espírito de servizo da Guardia Civil” fai que sexa unha institución moi valorada pola sociedade. Por este motivo, desexoulle sorte nos seus destinos.

Roberto Castro desexoulles boa sorte nos seus destinos. // Foto: Carlos Asensio.

Segundo informaron dende o Instituto Armado, estes guardias van estar destinados en distintos postos e destacamentos da provincia para realizar “labores de seguridade cidadá”.

Texto: Carlos Asensio.

 

Artigos relacionados

Back to top button