DeportesÚltima hora

A Gudiña celebra esta fin de semana o III RallyMix

A proba automobilística estará adicada a Guillermo Lago, ex alcalde da vila e alma máter da carreira
Presentación do 3º RallyMix da Gudiña. /Foto: Gonzalo Belay.
Presentación do 3º RallyMix da Gudiña. /Foto: Gonzalo Belay.

Os días 21 e 22 de maio celebrarase a terceira edición do RallyMix da Gudiña, 1º Memorial Guillermo Lago, un evento que servirá para lembrar a figura do que fora alcalde da Gudiña, decentemente falecido e “alma máter desta proba” en palabras do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, na presentación da competición automobilística.

No acto tamén estivo presente o director deportivo de HC Competición, Antonio Pérez, quen destacou que este ano o tramo é de algo máis de 11 quilómetros. “Mantemos boa parte do trazado pero incorporamos outro novo, de gran complexidade técnica para os pilotos”, dixo. En canto aos participantes, esperan contar con pilotos de Galicia, Asturias, Castela León e mesmo Portugal.

Plano da carreira automobilística.
Plano da carreira automobilística.

O actual alcalde da Gudiña, José María Lago, pola súa banda, asegurou que esta proba na que se
combina a terra e o asfalto, “é moi importante para A Gudiña, pola cantidade de xente que atrae e pola publicidade que xera”.

A da Gudiña é a terceira carreira do campionato galego de RallyMix 2016.

Horarios do RallyMix da Gudiña.
Horarios do RallyMix da Gudiña.

Artigos relacionados

Back to top button