O Auditorio Julio Vázquez de Trives acollía na tarde do 21 de xuño o Festival de fin de curso da Escola Municipal de Música. Alumnado e profesorado subíanse ao escenario nun concerto moi especial.
Abrían o programa os alumnos de guitarra interpretando cada un deles unha peza. Seguidamente chegaba a quenda dos pianistas que tamén foron tocando diversas composicións.
A rondalla da escola tamén actuaba no festival e o peche viña da man do conxunto dos alumnos e profesores interpretando “Vivo por ella”.
Fotos: Concello de Trives.