CulturaCulturaÚltima hora

Guti González estrea en Vigo o seu espectáculo “Poco Ortodoxo”

A actuación deste barquense está prevista para o venres 20 de xaneiro ás 22:30h. no Mimosas Café Teatro de Vigo

 

Cartel do espectáculo do barquense Guti González.

Non será a primeira vez que se suba a un escenario. Facíao por primeira vez alá polo ano 2012 e no programa televisivo “Tú sí que vales”. Daquela, con 15 anos actuaba como malabarista. Case sete anos despois, e tras enfocarse máis cara á interpretación, este valdeorrés debuta cun orixinal espectáculo de monólogo cuxo principal fío condutor é o humor e no que tampouco faltará a música.

O seu título é “Poco ortodoxo” e estrearase o vindeiro 20 de xaneiro ás 22:30h. no Mimosas Café Teatro de Vigo. De seguro, entre o público non faltará unha representación valdeorresa.

Artigos relacionados

Back to top button