OurenseÚltima hora

Habilitan un percorrido alternativo tras o corte parcial do paseo das Ninfas

Irase pechando por tramos polas obras para soterrar un cable eléctrico camiño da EDAR de Reza
En cor verde, sinálase a ruta alternativa trazada durante o peche do paseo peonil.
En cor verde, sinálase a ruta alternativa trazada durante o peche do paseo peonil.

O paseo peonil das Ninfas, en Ourense, permanecerá dende hoxe pechado ao paso dos transeúntes de xeito parcial, polo que se procedeu á habilitación dun percorrido alternativo que discorre en paralelo ao paseo. O soterramento dun tubo para cable eléctrico camiño da EDAR de Reza é a causa desta situación.

Segundo explican dende a empresa, a idea é ir pechando o paseo en tramos non demasiado longos e dando pasos alternativos até o seguinte tramo aberto para causar as mínimas molestias posibles aos usuarios.

Artigos relacionados

Back to top button