EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Hair Salon Susana López, novo local de Peluquería Susana, na praza Lauro Olmo do Barco

Mesmo servizo e atención pero nova ubicación. Dende hai pouco máis dun mes, Peluquería Susana ten un local novo, na praza Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.

Despois de oito anos na rúa Conde Fenosa (fronte ao Cafetín) Susana decidía buscar un novo emprazamento para o seu salón de beleza, agora máis centrado na perruquería propiamente dita, máis pequeno e acolledor “e con vistas á rúa e luz natural que antes non tiña”, puntualiza a propia perruqueira asegurando que notou un cambio moi positivo. “Era reacia pero agora estou moi contenta e por aquí sempre está pasando xente”, di.

Cunha decoración en tons morados, brancos e verdes, o novo local de Peluquería Susana, agora Hair Salón Susana López, ten uns 65 metros cadrados moi ben aproveitados.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button