EconomíaEconomíaViticultura

Harmonía de queixos e viños da D.O. Valdeorras, na beira do Sil

Medio cento de persoas asistían á maridaxe incluída na programación do SilFest

Cinco queixos diferentes con outros tantos viños da Denominación de Orixe Valdeorras. Unha cata-maridaxe dirixida pola sumiller Mercedes González reunía a medio cento de persoas na beira do río Sil, no Malecón barquense, no mediodía do 21 de xullo. Era un dos actos incluídos no SilFest.

A maridaxe comezaba cun D’Berna godello e un queixo de Tetilla, seguido dun Godeval Cepas Vellas godello cun San Simón da Costa, un Alán Pedrazais mencía cun queixo zamorano, un Brinde de Roandii espumoso brut cun Torta Cañarejal e un Tostado de Viñaredo cun queixo azul Posada Valdeón.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button