EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Harmonías de viños valdeorreses e produtos gourmet, no SilFest Valdeorras

A sumiller Mercedes González dirixía unha maridaxe de viños e outros artigos gourmet do establecemento barquense A Manduca

As maridaxes eran novamente protagonistas no programa de actos do SilFest Valdeorras. O espazo de lecer deste festival, situado ás beiras do Sil no Barco, acollía no mediodía do 6 de xullo unha nova cata, dirixida pola sumiller Mercedes González, que desta volta maridaba produtos gourmet do establecemento A Manduca.

 

Así os participantes podían degustar catro viños da Denominación de Orixe Valdeorras harmonizados con varios produtos. Así o Viñaredo godello (Santa Marta) servíase acompañado de pan en aceite e marmelada de sabugueiro e de queixo con crema mandy muar con mel e xelea e pementos de Padrón.

Despois o godello A Coroa (da adega do mesmo nome) acompañábase de mariñeiras de algas con paté de berberecho e castañas, así como por pan con xureliños peperetes e pementos asados.

Xa dando paso aos tintos, o mencía de Alán de Val (Alán) maridábase con pan con queixo Mimosa e xelea de viño tinto. E, finalmente, o garnacha A Coronela (O Cepado) servíase con bica de froitas de Castro Caldelas e con chocolate (72%) salgado con améndoas.

Fotos: Chus Nenalinda.

Artigos relacionados

Back to top button