EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Harmonías entre froitas e viños da D.O. Monterrei, nunha cata

Celebrábase esta tarde, dirixida polo director técnico desta D.O. e forma parte do programa de actividades para conmemorar a Feira do Viño de Monterrei

 

Continúa a desenvolverse o programa para conmemorar a Feira do Viño de Monterrei. Así, esta tarde realizábase a actividade de cata “Aromas e sabores. Harmonías de froitas e viños”, organizada esta tarde polo C. R.D.O. Monterrei. Esta cata foi impartida polo director técnico deste Consello Regulador, Luís Miguel López, e nela os participantes coñeceron os principais aromas froiteiros dos viños de Monterrei, a través da combinación de froitas e viños brancos e tintos do territorio.

Desenvolvíase na Casa Rural O Retiro do Conde (Vilaza – Monterrei). Entre os asistentes a cata tamén estivo presente a presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Lara Da Silva.

Os actos do programa continuarán nesta fin de semana. O 14 de agosto, o territorio da D.O. Monterrei acollerá o Tren Turístico do Roteiro do Viño Monterrei, organizado por Turismo de Galicia coa colaboración de Inorde, D.O. Monterrei e Asociación Roteiro do Viño Monterrei. Ao longo desa mañá, os participantes nesta iniciativa, ademais de visitar o Castelo de Monterrei, asistirán a unha pequena actividade promocional realizada por Natalia González, técnica de promoción do Consello Regulador. Na mesma recibirán información sobre a historia e tradición vitivinícola de Monterrei, características de chan e clima, variedades de uva ou elaboracións de viño, entre outras cuestións. Ademais os asistentes poderán degustar os brancos e tintos que se elaboran na denominación. Terá lugar no viñedo do Inorde en Monterrei.

Durante o 14 e 15 de agosto tamén se programará a actividade “Catas verticais de anadas da D.O. Monterrei. O potencial de garda”. Esta actividade articúlase en catro sesións, dúas por xornada, e ten como obxectivo dar a coñecer o potencial de envellecemento dos viños de Monterrei, xa que permitirá catar viños da colleita actual así como de tres cultivas anteriores (non consecutivas), tanto en brancos como en tintos.

A mesma realizarase no Antigo Hospital de Peregrinos (Castelo de Monterrei), a cargo do catador Luís Paadín, nos seguintes horarios: 12h. e 18 h. (tanto o sábado 14 como o domingo 15 de agosto). Cada unha das catro sesións está destinada a un máximo de 10 participantes, que deben formalizar a súa inscrición previa na mesma.

Artigos relacionados

Back to top button