CulturaCulturaÚltima hora

A historia da resistencia antifranquista na Edreira, nun libro que se presenta en Verín

Neste acto, que terá lugar o 19 de maio na Biblioteca da vila, estarán o autor da obra, José Domínguez, e Fernando Serrulla, colaborador neste traballo
Portada do libro "A Edreira. El último bastión de la resistencia en Ourense" do xornalista José Domínguez.
Portada do libro “A Edreira. El último bastión de la resistencia en Ourense” do xornalista José Domínguez.

Entre os lindeiros de Queixa e Montederramo, en pleno corazón do Macizo Central ourensán, está A Edreira. Este lugar protagonizaba décadas atrás un significativo episodio da loita antifranquista en Galicia que agora se recolle no libro “A Edreira. El último bastión de la resistencia en Ourense”, obra do escritor e xornalista José Domínguez González, natural de Chandrexa de Queixa.

Este volume ve a luz despois dun longo labor de investigación e documentación. Presentarase o vindeiro 19 de maio ás 19:30h. na Biblioteca Pública Municipal de Verín. Este acto, que contará coa presenza do autor, será presentado por Fernando Serrulla Rech, quen tamén colaborou nesta obra coas análises criminolóxica e forense.

Artigos relacionados

Back to top button