ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A historia dunha aventureira pinga de auga, na Biblioteca de Trives

Con este contacontos conmemorábase na tarde do 25 de abril o Día Internacional do Libro

Para celebrar o Día Internacional do Libro as traballadoras da Biblioteca Municipal de Trives organizaban na tarde do 25 de abril no edificio de Santa Leonor un contacontos moi especial, titulado “Aventuras venturas dunha pinga de auga”.

Máis de 50 persoas, entre  nenos (de 0 a 8 anos) e maiores, acompañaban á pinga de auga nas súas aventuras e os máis pequenos ata participaban facendo o son dun gran río. “É un conto para sentir, onde a gratitude foi un dos principais valores que traballaron os nenos, vendo como a pinga de auga pensaba que non servía para moito, pero todos aqueles cos que se ía atopando na súa vida lle daba as gracias por axudar”, explican as responsables da biblioteca.

O relato remataba coa pinga de auga voltando a durmir e “intentando que o sentimento da gratitude quedara ben marcado nos presentes. O agradecemento é o camiño para desenvolver a xenerosidade”, destacan dende a biblioteca trivesa.

Fotos: Biblioteca de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button