ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A historia do libro galego e a súa relación con Monterrei, na Biblioteca de Verín

A fonda e antiga relación da comarca de Monterrei co mundo do libro desvelábase na tarde do 23 de febreiro na Biblioteca Municipal de Verín. Esta instalación cultural acollía a conferencia “Monterrei capital histórica do libro en galego. Dos manuscritos medievais á edición do libro en galego” de Víctor F. Freixanes.

Na súa intervención Freixanes, presidente da Real Academia Galega (RAG), aportaba unha visión global do libro en galego, partindo de Monterrei e da primeira imprenta de Galicia, ata chegar ao día de hoxe. Numerosas persoas seguían a súa exposición.

Fotos: Biblioteca de Verín/ Concello de Verín

Artigos relacionados

Back to top button