CulturaCulturaÚltima hora

“Historias e memorias” no Museo Etnolóxico Ribadavia

Presentación do libro “Lola Touza. La Schindler gallega” e conferencia sobre “A Sección Feminina da Falanxe”
Cartaz da programación do Museo Etnolóxico Ribadavia.
Cartaz da programación do Museo Etnolóxico Ribadavia.

Entre “historias e memorias” se moverá o Museo Etnolóxico Ribadavia os dous últimos venres do mes, con sendas actividades vencelladas á vida da vila ourensá.

A primeira, o 18 de setembro ás 20:30h. será a presentación polo autor da novela “Lola Touza. La Schindler gallega” editada por ToxoSoutos e escrita por Vicente Piñeiro quen relata a historia de Lola Touza rexenta dun quiosco na estación de Ribadavia que entre 1941 e 1945 decidiu axudar a fuxir a máis de 500 xudeos dunha morte segura a mans do nazis. No acto participarán Clodio González Pérez (Patrono do MPG) e Xosé Ramón Estévez (Centro de Estudos Medievais).

A segunda das actividades, programada para o 25 de setembro ás 20:30h. é a conferencia titulada “Mulleres para España. A Sección Feminina da Falanxe” impartida pola historiadora Ana Cebreiros. A presentación do acto correrá por conta de Xulio Prada, profesor titular de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo.

Artigos relacionados

Back to top button