CulturaEducación

Homenaxe a Amparo Folla

Pola súa xubilación como directora do IES Lauro Olmo do Barco
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Corenta anos como docente, os vinte últimos como directora dun dos centros de referencia en toda a provincia, dan para moito.

Seguindo a estela do seu pai e dos seus irmáns, Amparo Folla Gómez, a eterna directora do IES Lauro Olmo do Barco adicou boa parte da súa vida ao ensino, deixando ao seu paso unha manchea de amigos e profesionais, agradecidos pola súa entrega e adicación. Por iso todos, ou case todos, estiveron presentes no xantar-homenaxe que os seus compañeiros de centro con Amparo Quiroga ao fronte, lle facían a finais de outubro no Pazo do Castro.

Profesores de todo o val, representantes empresariais e políticos, amigos persoais e profesionais, alumnos, inspectores de educación… todos aportaron o seu gran de area para despedir a Amparo, que se xubilaba para emprender unha nova etapa na súa vida que pouco tempo lle deixara para ela misma e a súa familia.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button