ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Homenaxe a Anuncia Casado, entre Viana e A Gudiña, 86 anos despois da súa morte

 

O sábado 20 de agosto a Asociación Os Torgueiros organizará unha homenaxe a Anunciación Casado Atanes, coñecida como “Pasionaria” e que resultaba asasinada en 1936. Nada en Cualedro, era unha oradora e organizadora sindical coñecida pola súa defensa do campesiñado, que foi represaliada.

No marco desta homenaxe incluíranse varios actos: ás 18.30 irase ás Revendeitas, “á altura do km 7 da estrada A Gudiña – Viana, lugar onde a asasinaron. Acto seguido irase ao cemiterio do Castro, onde foi soterrada”, segundo adiantan dende a asociación.

Ás 19:30h. terá o acto principal, unha charla na Casa da Viúva, na Gudiña, onde participarán Lola Varela, David Simón e Dionísio Pereira.

Artigos relacionados

Back to top button