Galerías de fotosÚltima hora

Homenaxe á directiva da Asociación de MM.RR. de Veigamuíños

Máis de sesenta mulleres xuntáronse na cea celebrada o 30 de maio no Barco

Mª Carmen Pernas, Mª Carmen Prieto, Margarita López, Rosa Fernández e Carmela García, forman dende hai máis de dez anos a directiva da Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños, levando a cabo un continuo e importante labor. En recoñecemento ao seu incodicional e incansable traballo, as integrantes da asociación decidían rendirlle unha “merecida homanaxe” en forma de cea.

Organizada sen que elas sospeitasen nada, a cita tiña lugar na noite do 30 de maio no Restaurante Fernando III do Barco de Valdeorras. Alí, pasadas as 22:15h. unha sorprendida directiva era recibida con aplausos por máis de 60 mulleres que alí se reuniron (outras colaboraron malia non poder asistir).

Antes da cea, algunhas das mulleres da asociación entregaban varios agasallos ás cinco mulleres, entre eles unha placa para a sede. Tamén lle leron un pequeno texto no que lle daban as grazas “polo voso traballo sen dúbida moi mal pagado, polo voso carácter, cariño e bo humor”, asegurando que son “o mellor pegamento que une ás mulleres que tedes hoxe sentadas á vosa mesa, porque durante moitos anos fostes o motor, a gasoliña e a chispa que fixeron funcionar á asociaacón de mulleres de Veigamuíños”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button