CulturaCulturaÚltima hora

Homenaxe a Florencio Delgado, nunhas xornadas literarias no Casino do Barco

 

O vindeiro 24 de abril terá lugar no Casino do Barco, a partir das 12h, unhas xornadas literarias, no decurso das cales se lle renderá unha homenaxe a Florencio Delgado (persoeiro o que se lle dedican as Letras Galegas de este ano 2022). Nela recitaranse poemas do autor, o acto estará presentado por Aurelio Blanco Trincado presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses.

Farase unha presentación especial do numero 6 da revista, “Nós a Xente do Redor2, coa intervención da pintora Lola Doporto ilustradora da portada, nada en Millarouso (O Barco).
Tamén se presentarán os libros: “Historias do Fumeiro” de Avelino Jácome, “A bela Otero” de Miguel Ángel Martinez Coello.

O acto, que será organizado polo Instituto de Estudios Valdeorreses e polo colectivo de “Nós, a Xente do Redor”, rematará cun xantar de confraternidade no Restaurante San Mauro, da capital barquense.

Artigos relacionados

Back to top button