DeportesÚltima hora

Homenaxe a Luis Nogueira no campionato galego de clubs, no Barco

Esta competición autonómica terá lugar o 17 de abril nas pistas de atletismo de Calabagueiros

 

A Xunta Directiva da Federación Galega de Atletismo vén de aprobar a ubicación do XXXII Campionato de Galicia de Clubs ó Aire Libre no Barco de Valdeorras. Así o acaba de anunciar a través das súas redes sociais.

Así, as pistas de Calabagueiros albergarán “a cita de equipos máis importante do ano en pista para os clubs galegos”, adiantan dende a federación. Ademais farase un recoñecemento masivo á figura dun dos grandes atletas galegos: o lanzador de xavelina vilamartinés Luis Nogueira. Este destacado e querido atleta, varias veces campión do mundo máster, falecía o pasado 1 de abril.

Artigos relacionados

Back to top button