OurenseÚltima hora

Homenaxe á Sobreira do Loña, nas Lagoas (Ourense), na celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000

Ecovixiantes de Franciscanas prepararon para esta xornada a actividade "Árbores e Ermidas"

 

Dous días antes da data fixada (21 de maio), na xornada deste mércores 19 de maio celebraron os Ecovixiantes de Franciscanas o Día Europeo da Rede Natura 2000 para conmemorar a importancia desta Rede como o principal instrumento de conservación de máis de 27.000 espazos europeos de alto valor ecolóxico, que nos permiten conectar coa natureza.

“Coa celebración deste día queremos que Ecovixiantes descobran a riqueza destes espazos protexidos, nos que a natureza e o ser humano van da man”, explica o profesor Lalo Sánchez. Por iso nesta edición quixeron reivindicar a importancia da Rede Natura 2000 e a súa proximidade para gozar da natureza, “pero desde o respecto e a responsabilidade”, puntualiza Lalo, poñendo o foco no coidado da natureza “como solución ás crises e como ferramenta ineludible para a recuperación verde que necesitamos en Europa”.

 

Sobreira do Loña, nas Lagoas (Ourense).

 

Así, Ecovixiantes de Franciscanas prepararon para esta xornada especial a actividade “Árbores e Ermidas” homenaxeando cunhas lecturas á Sobreira do Loña, nas Lagoas, xunto á Igrexa de Cristo Rey, unha sobreira de 320 anos de idade e uns 21 metros de altura. Tamén visitaron a Ermida de Portovello que  o 8 de maio celebraba a festa maior. Un edifico que data do século XVI e está construída con momposteria de arquitectura popular.

Na xornad non faltou unha limpeza simbólica, enlazada co Día Mundial da Reciclaxe, 17 de Maio, nin os xogos populares como as canicas ou as chapas, con resultados apertados a favor dos Pirracas fronte aos Polinizadores.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button