CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Homenaxe ao cantor de Correxais, en Vilamartín de Valdeorras

O acto estivo organizado polos Amigos do Filandón, da man de Xosé Lois Foxo

Os Amigos do Filandón organizaron unha homenaxe ao cantor de Correxais (Vilamartín de Valdeorras) Sebastián López Paradelo que tiña lugar no mediodía do 1 de maio no Complexo Hoteleiro Paladium. Alí celebrábase un xantar na súa honra e no transcurso do acto, o presidente da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo, entregáballe a medalla de Ouro ao homenaxeado, acompañado pola súa muller, Basilisa Trincado Núñez. O evento ao que asistiron numerosas persoas, contou asemade coa lectura de poemas e actuacións musicais.

Segundo as palabras de Foxo, “Sebastián recibiu o maxisterio musical dos cegos que vendían as coplas nas feiras, que coleccionaba e memorizaba con precisión”. O seu repertorio é moi extenso: cantos de seitura, rondas, romances medievais así como outros da Guerra Civil, “pero o que máis cautivou a un servidor foron os cantos de reis que alberga na súa espléndida memoria”, di o director da Real Banda, asegurando que o seu grande patrimonio lírico “pasará a formar parte do Cancioneiro das Terras de Valdeorras que, se a sorte nos deixa, pretendemos publicar”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button