ConcellosSanidadeÚltima hora

Homenaxe ao doutor Gonzalo Gurriarán, no Barco

Descubriuse unha placa no lugar onde antigamente estaba ubicada a súa consulta na vila
Un membro de Isaga e o alcalde do Barco, descubrindo a placa xunto a Ricardo Gurriarán.
Un membro de Isaga e o alcalde do Barco, descubrindo a placa.

Co lema “Compromiso e galeguidade”, a Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) en colaboración co Concello do Barzo organizaba un acto de lembranza e recoñecemento á figura de Gonzalo Gurriarán. O programa comezaba no mediodía do 22 de marzo co descubrimento dunha placa na avenida Manuel Quiroga, no lugar onde antigamente estaba a consulta deste médico valdeorrés.

De seguido, xa no edificio multiusos do Barco, abordábase a súa faciana de médico, investigador, deportista e defensor do medio ambiente cunha serie de intervencións que correron a cargo de Roberto Fernández, médico de familia e estudoso da medicina rural, e de Ricardo Gurriarán, historiador e fillo do facultativo homenaxeado.

A homenaxe tivo un broche musical a cargo do dúo de piano e gaita do Conservatorio do Barco.

Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button