ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Homenaxe ao escritor e sacerdote Pablo Pérez en Vilanova (Trives)

O acto foi organizado pola Asociación de Antigos Alumnos do Colexio Santa Leonor “Virxe da Luz”

“In memoriam. Pablo Pérez”. E, de seguido, versos do seu poema “Elexía a un souto”. É o texto que se recolle na placa que dende o 27 de setembro está colocada na igrexa parroquial de Vilanova (Trives). O seu descubrimento era un dos actos incluídos a agarimosa homenaxe que se lle tributaban os seus amigos e compañeiros da Asociación de Antigos Alumnos do Colexio Santa Leonor “Virxe da Luz” de Trives.

O acto comezaba ás cinco da tarde cunha eucaristía e proseguía no cemiterio deste pobo trivés, onde repousan os seus restos. Alí dous amigos seus, Farruco e Héctor, recitaban os versos de “Elexía dun souto” e de “Alas”, respectivamente. Ademais o pneumólogo trivés Julio Ancochea daba lectura a un emotivo poema escrito por el mesmo e adicado a Pablo.

Posteriormente, os asistentes desprazábanse de novo á igrexa, en cuxa fachada o presidente dos antigos alumnos, Berardo Araújo, descubría emocionado a citada placa. De seguido, o bispo de Astorga, Camilo Lorenzo, amigo persoal de Pablo Pérez, descubría e bendecía unha imaxe de San Blas (doada pola asociación), patrón de Vilanova, colocada no exterior do templo. En nome da familia do escritor, o seu irmán Pedro agredecía este acto e lía un poema que Pablo Pérez lle adicara a súa nai.

Texto: Ángeles Rodríguez Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button