OurenseÚltima hora

Homenaxe aos traballadores da Deputación de Ourense que se xubilan este ano, na festividade de Santa Rita

Debido á crise esta tradicional celebración trasladouse nesta edición ao salón de plenos e contou soamente coa presenza dos traballadores homenaxeados

Manuel Baltar e Plácido Álvarez, cos xubilados homenaxeados este ano na festividade de Santa Rita.

 

Con motivo da festividade de Santa Rita de Cassia, padroa dos traballadores da Administración Local, a  Deputación de Ourense, acollía neste venres 22 de maio, o acto de homenaxe aos empregados da entidade provincial que se xubilan este ano, presidido polo presidente Manuel Baltar. Unha tradicional celebración que debido á crise do Covid-19 trasladouse nesta edición ao salón de plenos e contou soamente coa presenza dos traballadores homenaxeados.

O presidente Baltar, quen entregou un obsequio aos galardoados, agradeceulles “os anos de traballo e dedicación profesional a prol da Deputación de Ourense, dos veciños e dos concellos da provincia”, e dixo que por mor da crise sanitaria “esta celebración convértese nun acto único na historia da Deputación, porque a situación nos obriga a facelo aquí, pero cos verdadeiros protagonistas desta institución: os traballadores que hoxe homenaxeamos e que son parte da historia da Deputación de Ourense, que vai xa para preto de douscentos anos de existencia”.

Os traballadores que recibiron o agasallo e recoñecemento da Deputación foron: Manuel Babarro Fernández, 14 anos de labor profesional; José Lorenzo Rodríguez Rodríguez, 19 anos de labor profesional; Ricardo Martínez Iglesias (26 anos); María Pilar Reboredo Piñeiro (27); Jaime García León (28); Peregrina Garrido Fernández (29); Francisco Fernández Gallego (33); Jaime Leites Melón (33); Manuel Vilas Rodríguez (33) e Manuel Traveso Santana (39).

 

Artigos relacionados

Back to top button