OurenseÚltima hora

Homenaxe ás primeiras condutoras de San Xoán de Río o 8-M

O acto, enmarcado na celebración do Día Internacional da Muller, terá lugar o vindeiro venres ás 18h. na praza do Concello

 

Cunha reflexión sobre como era antes a realidade cotiá das mulleres ante feitos hoxe tan naturais como sacar o carné de conducir, para o que necesitaban autorización paterna ou do seu marido, celebrará San Xoán de Río o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Así o vindeiro venres a partires das seis da tarde terá lugar na praza do Concello unha homenaxe ás primeiras condutoras de Río.

“Cada vez son máis as mulleres que conducen no seu día a día. Esta acción resulta hoxe habitual e, talvez por iso, semella ser algo que sempre foi así desde que os coches comezaron a inundar cidades, vilas e aldeas. Mais, en realidade, que as mulleres conduzan non é senón o resultado dunha máis desas pequenas grandes conquistas que as mulleres só conseguiron despois de moito tempo, reivindicación e esforzo. Unha conquista que evidencia, unha vez máis, a importancia de tomar conciencia da necesidade de avanzar pola senda da igualdade”, explican as entidades promotoras deste acto (Asociación Cultural RíoMola, Asocación de Mulleres ANEL e Concello de San Xoán de Río).

 

Artigos relacionados

Back to top button