CulturaCulturaÚltima hora

Homenaxe do Concello do Barco ao xornalista José Antonio Gurriarán

O acto está previsto para o sábado 9 de abril ás 12h. na zona do Malecón que conflúe coa praza José Otero

José Antonio Gurriarán, xunto ao río Sil, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A figura e traxectoria do xornalista e escritor barquense José Antonio Gurriarán (1938, O Barco-2019) lembrarase e porase en valor cun acto que o Concello do Barco ten previsto celebrar o vindeiro sábado 9 ás 12h. no Paseo do Malecón. Na zona situada xunto ao río Cigüeño (nas proximidades da praza José Otero) descubrirase un baixorelieve co rostro do periodista, realizado polo escultor, tamén barquense, Xelo de Tremiñá.

“Esta homenaxe tiñase que ter celebrado no ano 2020, coincidindo co aniversario da morte de José Antonio, pero non se fixo por mor da pandemia”, explican dende o Concello do Barco.

José Antonio Gurriarán, que foi colaborador tamén do Periódico O SIL, falecía o 31 de marzo de 2019 e Madrid. A partir do vindeiro sábado, unha escultura lembrará a súa figura á beira da vila e do río Sil que tanto quixo, unha paisaxe á que sempre se sentiu moi unido.

 

Lugar onde se instalará a escultura homenaxe a José Antonio Gurriarán no Barco.

Artigos relacionados

Back to top button