ConcellosÚltima hora

Homenaxe do fútbol sala de San Xoán de Río ás vítimas dos atentados de París

Un membro do equipo ‪#‎RíoMola FS levaba a equipación deste club deportivo á praza da República da capital gala

paris1

En lembranza e homenaxe ás vítimas da onda de atentandos de París do pasado 13 de novembro, un dos membros do #RíoMola FS (equipo de fútbol sala de San Xoán de Río), desprazado á cidade gala, deixaba unha equipación deste club do oriente ourensán na praza da República.

paris2

“Hai 11 días o mundo conmocionábase cos atentados de París. Unha onda de solidaridade recorreu o mundo. Dende o noso equipo non quixemos ser menos e varios integrantes da nosa plantilla desprazáronse á capital francesa, para que o #RíoMola FS, o Concello de San Xoán de Río e os nosos patrocinadores estivesen representados na praza da República”, explican dende este club deportivo.

paris3

Estas tres imaxes do acto de homenaxe realizado en París foron cedidas polo #RíoMola FS de San Xoán de Río.

Artigos relacionados

Back to top button