Galerías de fotosÚltima hora

Homenaxe do IES Martaguisela a dous profesores pola súa xubilación

A comunidade educativa do IES Martaguisela do Barco vén de homenaxear a dous profesores do centro que se xubilan este curso académico. Ascensión Sastre Garrote, profesora de Matemáticas e Antonio Liébana del Valle, profesor de Latín e actual director do centro, despois de moitos anos dedicados ao ensino, deixan o IES Martaguisela entre o cariño de toda a comunidade educativa.

Aquí poden verse algunhas imaxes da homenaxe. Na primeira delas pode verse a Mirita Moreta, secretaria do centro, diríxelle unhas palabras a Antonio Liébana e Ascensión Sastre con motivo da súa xubilación. De seguido, Antonio Liébana e Ascensión Sastre; Concha (antiga directora do IES Martaguisela), Antonio Liébana (director que se xubila este ano), Carmen Gamarra, xefa de estudos e Manolo Barreiro (antigo director do IES Martaguisela, e finalmente, Carmen Gamarra, xefa de estudos do IES Martaguisela e Antonio Liébana.

Fotos: cedidas polo IES Martaguisela.

Artigos relacionados

Back to top button