CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaO Sil agosto 2016Última hora

Homenaxe a Manuel María na XI Mostra de Corais de Viana do Bolo

O encontro, organizado polo Orfeón Vianés, contou coas actuacións da Coral Ars Cantorum e o dúo formado por Luis Correa e Carlos Ares

Abrindo a programación cultural do mes de agosto en Viana do Bolo, na tarde-noite do 5 de agosto celebrábase na Casa da Cultura a XI Mostra de Corais organizada polo Orfeón Vianés, con especial referencia a Manuel María, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

O concerto coral arrancaba pasadas as nove da noite coa actuación do anfitrión, o Orfeón Vianés, e de seguido subía ao escenario a Coral Ars Cantorum de Guillade (Pontevedra). O terceiro en actuar sería o dúo formado polo cantautor Luis Correa e o vianés Carlos Ares que presentaron “Sentindo a Manuel María”, unha serie de poemas do autor galego, musicalizados e interpretados por Correa coa explicación didáctica de Ares. Un dos temas, “O Carro” foi interpretado polo Orfeón Vianés acompañado á zanfona por Luis Correa.

O concerto pechábase coa actuación conxunta das dúas corais.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button