Galerías de fotosSociedadeÚltima hora

Homenaxe na Rúa á centenaria Luisa Pérez, natural de Langullo (Manzaneda)

A celebración do 100 aniversario tiña lugar na Residencia N. Sra. de Fátima, no marco da IV Festa da Familia

 

A tarde do 25 de outubro foi moi especial na Residencia N. Sra. de Fátima. Non só pola celebración dunha nova edición da Festa da Familia na que participaron os traballadores, os residentes e as súas familias; senón pola homenaxe que lle fixeron a unha das residentes, Luisa Pérez, con motivo do seu cen aniversario.

Despois da festa e trala merenda, acompañada pola súa familia (entre eles os seus fillos Eloy e Mari) e por dúas concelleiras da Rúa, Teresa Varela e Joana Gómez que lle entregaba un agasallo en nome do Concello, soplaba as velas do seu centenario.

 

Luisa Pérez coa súa familia o día da festa.

 

Luisa Pérez García é natural de Langullo (Manzaneda) aínda que vivíu boa parte da súa vida na Pobra de Trives, sendo actualmente residente en N. Sra de Fátima, na Rúa, e malia que o seu aniversario é o 28 de setembro, fixeron coincidir a celebración con este día tan especial no centro.

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas

Artigos relacionados

Back to top button