DeportesÚltima hora

Homenaxe no Barco ao ciclista profesional Gustavo César Veloso

 

Tras unha carreira chea de éxitos (vencedor da Volta a Cataluña no 2008, unha etapa da Volta a España,…) e tras pasar polo Xacobeo Galicia e o Andalucía antes de deixar pegada en Portugal, o ciclista arousán Gustavo César Veloso anunciaba neste verán a súa retirada do ciclismo profesional aos seus 41 anos.

Ao longo da súa traxectoria deportiva, Veloso fixo moitos amigos no ámbito do ciclismo, profesional e tamén afeccionado, entre eles xente do Barco de onde é a Peña Ciclista Valdeorras. Por iso, na tarde deste sábado 6 de novembro rendíanlle homenaxe nun acto celebrado no Salón de Actos do Edificio Multiusos, ao que asistían o alcalde Alfredo García e o tenente de alcalde Aurentino Alonso, ademais de ciclistas profesionais como Iván Raña, Álex Marque, Delio Fernández Cruz, Samuel Blanco Prol, Ángel Sánchez ou Nando Lópes, todos corredores activos.

Á parte da recepción no Concello, a homenaxe no Barco incluía cea en Casa Paradelo e festa no Baranda.

 

Gustavo César Veloso co resto de ciclistas, no Baranda./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button