Galerías de fotos

Homenaxe nos Peares aos moteiros falecidos

No seu decurso houbo tamén un acto reivindicativo en contra dos “guardarrailes asasinos”

Ao redor de corenta moteiros chegados de diversos puntos de Galicia, entre eles de Valdeorras, e tamén da provincia de León reuníanse o 5 de xullo no mirador ourensán dos Peares. Facíano para renderlle unha homenaxe a todos os moteiros falecidos.

Diante dun altar improvisado, foron léndose en voz alta os nombes dos “compañeiros caídos facilitados polos alí presentes, para honralos máis en particular”, segundo se explica dende a organización do acto.

Ao final da homenaxe, realizouse un acto reivindicativo en contra dos guardarrailes. “Non é unha utopía, non queremos que se eliminen os guardarrailes, é más, tiña que haber máis por toda a estrada, o que pedimos é que se poña outra “chapa” máis, colocada máis baixa, que evite que en caso de caída impactes contra os mástiles de soporte do propio guardarrail ou saias despedido”, indican os promotores do acto.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button