Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Homenaxe ourensá en Bos Aires ao filántropo Ramón Santamarina

O seu legado de benefactor poñíase en valor da man da Deputación de Ourense cun acto na capital arxentina

O cemiterio da Recoleta, na capital da Arxentina, acollía o 10 de novembro un acto de homenaxe á memoria de Ramón Santamarina, empresario e filántropo ourensán, fundador da vila de Orense na provincia de Bos Aires, facendo honor ás súas raíces. O seu legado de benefactor poñíase en valor da man da Deputación de Ourense, nunha homenaxe na que participaba o seu presidente, Manuel Baltar,  e Ramón Santamarina, tataraneto do empresario homenaxeado.

Tamén se contaba coa presenza de membros da familia Santamarina, encabezados polo deputado Eduardo Santamarina; autoridades bonaerenses; o presidente do Centro Galicia, José María Vila Alén, representantes da colectividade galega na Arxentina, así como deputados provinciais, os alcaldes de Celanova, O Carballiño e Petín e representantes da cultura galega.

“É unha honra empezar esta visita na denominada “quinta provincia galega” homenaxeando a figura de Ramón Santamarina, quen para a Deputación representa un referente de amor pola súa tierra, á que nunca olvidou, algo que nos enche de orgullo”, sinalaba Manuel Baltar. Ademais anunciaba que no 2019 o goberno provincial dedicará a campaña que cada ano realiza entre os escolares ourensáns  “para promover a súa obra e legado”.

 

Artigos relacionados

Back to top button