CulturaCulturaÚltima hora

Homenaxe poética a Florencio Delgado Gurriarán, o 28 de agosto en Córgomo (Vilamartín)

 

Dentro das actividades de homenaxe e fomento do III Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán, cuxo prazo para presentar textos está a piques de rematar, a vindeira fin de semana celebrarase un novo evento poético.

Trátase dunha ofrenda floral no cemiterio de Córgomo, en Vilamartín de Valdeorras previsto para as 12 horas do sábado 28 de agosto, e dun vermú poético que se realizará ás 12:30 horas. Seguindo o actual protocolo Covid o evento será unha fusión poética cos textos dos galardoados no premio en edicións anteriores, creando un novo produto, contando de forma presencial con Jorge Moral, Andrea F. Maneiro, Raúl Gómez Pato, Xabier Xil Xardón, Bea Saiáns e Arancha Nogueira. Rafa Vilar e Roberto Rodríguez non asistirán.

Artigos relacionados

Back to top button