Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Homenaxe pola excelencia nas PAU, a cinco estudantes no Carballiño

Foron recibidos no Concello e levaron como agasallo un exemplar de “O cantigueiro de Orcellón”

Carlota Álvarez Feijoo, Marta López Gil, Rita Tizón González, Noelia Trigás Nogueira e Miguel García Fernández, son os cinco alumnos do Instituto nº 1 do Carballiño que acadaban a excelencia nas Probas de Acceso á Universidade (PAU)

Todos conseguiron unha nota media superior a 9, e outros trece alumnos do mesmo instituto estiveron ás portas de acadar un 9. Por este motivo o Concello reuníaos na mañá do 31 de xullo no Salón de Plenos, nun acto ao que asistiron o alcalde, Francisco Fumega; o director do IES nº 1, Celso Fernández, e o concelleiro de Educación e Cultura, Diego Fernández, así como familiares dos alumnos.

Francisco Fumega felicitou aos alumnos e ao profesorado do centro no seu nome e no de toda a corporación e veciñanza, e amosou a súa satisfacción pola boa saúde do ensino público no Carballiño. Celso Fernández agradeceu a deferencia do Concello polo recoñecemento aos alumnos, asegurando que era “unha satisfacción enorme para os pais, pero tamén para o claustro de profesores e profesoras do centro”.

Finalmente, Diego Fernández sumouse a estes parabéns e fíxolles entrega aos alumnos do libro “O cantigueiro de Orcellón”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button