Galerías de fotosÚltima hora

Homenaxe a unha centenaria do Concello de Manzaneda

Dolores Domínguez Salgado, natural de Placín (Manzaneda), vivía unha xornada moi especial o pasado 25 de febreiro. Nesa data cumpría cen anos e celebrábao xunto cos seus familiares e o persoal da residencia da terceira idade de Manzaneda, na que vive. O Concello de Manzaneda tamén se sumaba cunha homenaxe a esta veciña centenaria a quen o alcalde, David Rodríguez, felicitaba e agasallaba cun ramo de flores.

Fotos: Clemente Pérez Arias.

Artigos relacionados

Back to top button