CulturaCulturaÚltima hora

Homenaxe a unha muller caldelá, entre os actos do Día da Muller en Castro Caldelas

Con diversas “actividades de reivindicación feminista” conmemorarase o 8 de marzo o Día da Muller no concello de Castro Caldelas. Entre elas figura un parón de 12:00 a 14:00 horas, xunto cunha concentración na Praza do Prado ás 12:00 h. Ademais darase procederase á lectura de fragmentos de textos e frases feministas actuais.

Ademais está programada unha exposición “18 NO 18” que constará de 18 mulleres relevantes defensoras do feminismo. Tamén lle renderá homenaxe a unha muller caldelá, Esperanza Gómez Blanco, en representación de todas ás mulleres traballadoras. “Muller traballadora no rural galego que soubo erguer da nada unha explotación familiar, defensora dos seús dereitos e que aos seus 81 anos segue reinventándose e participando en todo tipo de actividades. A súa faceta máis recente foi a de actriz nun video promocional da Ribeira Sacra e o videoclip do Grupo Milsons”, segundo se indica dende o Concello de Castro Caldelas.

Artigos relacionados

Back to top button