Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Homenaxe ás vítimas de accidentes de tráfico en Ourense

A convocatoria, aberta á cidadanía, celebrábase no mediodía do 21 de novembro diante da Xefatura Provincial de Tráfico na capital da provincia

No mediodía do 21 de novembro gardábase un minuto de silencio en recordo ás vítimas de accidentes de circulación. Esta homenaxe tiña lugar diante da Xefatura Provincial de Tráfico en Ourense e a ela acudían o subdelegado do Goberno nesta provincia, Roberto Castro, representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e outras autoridades. Con este xesto buscábase “concienciar á cidadanía e a todos os axentes da sociedade da traxedia personal e social que supoñen os accidentes de tráfico, así como da importancia de avivar a conciencia no ámbito da seguridade vial”, tal e como se indica dende a Subdelegación do Goberno en Ourense.

Durante o acto Roberto Castro lembraba ás Asociacións de Vítimas, e especialmente ás propias vítimas e aos seus familiares, que “a través da Dirección Xeral de Tráfico, o Goberno nn só vela por que cada día haxa máis minutos sen falecidos por este motivo, senón que se pon sempre á súa disposición”. No que vai de ano 2016 na provincia de Ourense son 11 os fallecidos en accidentes nas estradas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button