ConcellosParada de SilÚltima hora

Homenaxes e entrega de premios na celebración do Día das Letras Galegas en Parada de Sil

O grupo Aqua Música era recoñecido polo Concello pola súa contribución á difusión da música neste concello. Tamén se entregaban os galardóns do concurso de microrrelatos

 

Parada de Sil retomaba neste sábado 14 de maio a celebración das Letras Galegas, logo de dous anos de parón por mor da pandemia. Neste acto, celebrado nunha Casa Consistorial chea de público, ademais de homenaxear ao autor escollido este ano, Florencio Delgado Gurriarán, o Concello recoñecía novamente o labor dunha persoa ou colectivo que se teña distinguido polo seu traballo en favor de Parada ou teña contribuido dalgún xeito á promoción ou engrandecemento da vida socioeconómica ou cultural destes municipio. Nesta ocasión a distinción recaía no grupo de música coral Aqua Música, presidido por Antonio Fernández e dirixido por Maricarmen González Álvarez, ambos vencellados a Parada de Sil, e que se encargan da organización do certame anual de música coral.

Ademais tiña lugar a entrega de premios do X Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil, cuxo ganador nesta edición era o mallorquín Antonio Tocornal, co traballo “Amores de Cristal”, dotado con 1.000 euros de premio; o segundo premio (cunha dotación de 500 euros) foi para “Equilibrios”, de Beatriz Coira Ríos, de Vigo, mentres que o terceiro premio, dotado con 300 euros, foi para Belén Jácome Pérez, autora ourensá afincada en Gondomar, co relato “El olvido que fui”. O autor balear non poido desprazarse para recoller o premio, en tanto que a segunda e a terceira clasificadas si que estiveron presentes para recoller os seus.

Esta celebración das Letras Galegas estivo presidido polo alcalde, Aquilino Domínguez, e contaba tamén coa presenza do concelleiro de Cultura, Francisco Magide, e coa dos membros do xurado do concurso de microrrelatos, integrado por Antonio Carreño, Arturo Fernández e Delfín Caseiro, ó que este ano se presentaron cerca de oitocentos traballos.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button