En portadaÚltima hora

Honorato López Isla, socio fundador de Adegas Godeval, recibirá mañá a Mención de Honra da XX Festa do Botelo

O acto terá lugar a partir das 12 horas no Teatro Lauro Olmo, antes do xantar no pavillón de Calabagueiros

Honorato López Isla nos viñedos de Godeval. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Despois de dezanove edicións homenaxeando a veciños do Barco vencellados á hostalaría e á restauración, para celebrar o XX aniversario a Festa do Botelo abría unha nova fiestra ao mundo do viño e este ano será Honorato López Isla (socio fundador de Adegas Godeval), quen recollerá a mención de honra no seu nome e tamén no das persoas que máis traballaron pola recuperación da variedade de uva godello (Horacio Fernández Presa e José Luis Bartolomé), “porque Valdeorras é viño, pero non calquera viño, e o godello é o que nos diferencia”, dixo a concelleira de Cultura Margarida Pizcueta na presentación do programa.

Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, Honorato López Isla (Santa Cruz, O Bolo, 1947) é todo un referente como directivo, xestor, inversor e empresario. Tras unha longa carreira profesional en Unión Fenosa, compañía á que estivo vinculado dende o seu ingreso en 1972 ata 2009, comezou a forxar a súa actual faceta de empresario. En Fenosa escalou postos dende a subdirección de sistemas de información e telecomunicacións ata a cúpula directiva, na que exerceu os cargos de conselleiro delegado e vicepresidente; e en 2010 creou a súa propia empresa enerxética, Smartener.

 

Honorato López con Horacio Fernández Presa, promotor do programa REVIVAL e socio fundadorda adega, en Xagoaza. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Más alá do sector enerxético, Honorato López foi tamén presidente e impulsor de R así como conselleiro de Indra. Ademais, na súa terra, Valdeorras, convertíase hai pouco en industrial coa adquisición da compañía de suministros siderúrxicos, Cedie. Foi ademais un dos pioneiros en apostar polo potencial do viño godello tamén na súa comarca de orixe, converténdose nun dos socios fundadores de Adegas Godeval, con sede en Xagoaza (O Barco), sendo esta última faceta, a de empresario do viño, a que chamou a atención do Concello do Barco para propoñelo como mención de honra desta edición da Festa do Botelo que se celebrará mañá.

A homenaxe será a partir das 12h. no Teatro Lauro Olmo, nun acto que incluirá o pregón a cargo do actor e contador vigués Avelino González, presentado pola poetisa barquense Fátima N. Delgado e harmonizado musicalmente polo Orfeón Valdeorrés.

O xantar popular no pavillón de Calabagueiros que acollerá a máis de 1.100 comensais, será a partir das 14:30h. con animación musical dos grupos que participan na V Foliada e Cantos de Taberna.

Máis información sobre a Festa do Botelo na edición en papel do Periódico O Sil.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close