Galerías de fotos

Honrando a Virxe da Barca no Barco

Das proximidades da ponte barquense de San Fernando partía ás 12:30 h. do domingo 11 de agosto a procesión da Virxe da Barca. A imaxe encabezaba unha singular comitiva de embarcacións, que pechaban os membros do Club Fluvial Barco, mentres soaba a música da gaita. Ao chegar ás proximidades do Salgueiral concluía o percorrido e a Virxe abandonaba a barca para iniciar unha procesión a pé, portada por varias mulleres, ata chegar ao Salgueiral, onde tiña lugar a celebración relixiosa, e posteriormente unha romería.

Texto e fotos: Ángeles Rodríguez
Máis información e fotografías na edición de setembro do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button