En portadaSanidadeÚltima hora

Horarios de vacinación de persoas de 50-55 anos, o vindeiro sábado na provincia

 

Se funciona a pilotaxe de vacinación contra o Covid-19 de persoas 50-55 anos que se porá en marcha esta tarde na Cidade da Cultura, o vindeiro sábado comezarase a vacinar á poboación deste grupo de idade (empezando polos apelidos coa letra H) coa vacina de AstraZéneca nas outras áreas sanitarias galegas, de forma simultánea.

No caso da provincia está previsto que se administren 1700 vacinas no distrito sanitario de Ourense, 250 no distrito do Barco de Valdeorras, e 200 no distrito de Verín.

Os horarios e os lugares de vacinación son os seguintes:

– Ourense, Expourense
De 9h. a 21h.
7 equipos de mañá e 7 de tarde

– Verín, Hospital Público de Verín
De 9h. a 15h.
2 equipos

– O Barco, Hospital Público de Valdeorras

De 9h a 15h.
2 equipos

Dende a Consellería de Sanidade indican que deste grupo de idade agora mesmo está vacinado preto do 10% (2.400 persoas), pertencentes aos colectivos nos que se priorizou a vacinación como sanitarios.

Na provincia de Ourense hai ao redor de 25.000 persoas de entre 50-55 anos.

Artigos relacionados

Back to top button