EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

“A Hortiña do Val” unha nova froitería no centro do Barco

O establecemento comercial está ubicado na rúa Conde Fenosa (esquina Pescadores)

A oferta comercial segue medrando no Barco de Valdeorras. Desta volta trátase dun establecemento de froitas, hortalizas e verduras. “A Hortiña do Val” abría as portas o 30 de novembro na céntrica rúa Conde Fenosa (esquina Pescadores).

Alí podemos atopar un variado surtido de produtos frescos de primeira calidade. Dende plátanos ata repolos de diferentes variedades, laranxas ou patacas e mesmo encurtidos, especias e incluso a famosa Bica de Trives. Ademais tamén se pode mercar o famoso “allo negro” moi demandado polas numerosas propiedades curativas que ten, así como por non deixar olor nin nas mans nin no alento (característica do allo tradicional).

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button