EconomíaEconomíaÚltima hora

A hostalaría únese á campaña comercial “Noite dos descontos” na Rúa

9 comercios e 11 bares participan na II edición desta iniciativa prevista para o venres 10 de xuño
Virginia Morillo de Perfumería Compostela e María González, alcaldesa da Rúa na presentación da campaña. /Foto: Mónica G. Bellver.
Virginia Morillo de Perfumería Compostela e María González, alcaldesa da Rúa na presentación da campaña. /Foto: Mónica G. Bellver.

Co lema “pasa unha noite de lecer na Rúa” e por segundo ano consecutivo, AEVA organiza en colaboración co Concello a campaña de promoción de vendas “Noite dos descontos”, unha iniciativa que combina “unha noite de compras e lecer, animando aos veciños a saír as rúas atraídos polas promocións nos establecementos participantes”. Así presentaban a campaña na tarde do 8 de xuño no Salón de Plenos do Concello rues, nun acto ao que asistiron Virginia Morillo en representación do sector comercio e a alcaldesa da Rúa, María G. Albert.

A II Noite dos Descontos desenvolverase este venres 10 de xuño de oito da tarde a doce da noite e participarán nove comercios (Deportes Aris, Confecciones Rosendo, Perfumería Compostela, Mercería Raquel, Cool Balea, Confecciones Mondelo, Okre, Fios e Arnaveca Comunicación) que ofrecerán artigos de tempada a prezos rebaixados e degustacións aos clientes que acudan aos locais. Ademais, este ano únense á iniciativa un total de 11 establecementos hostaleiros que durante as tres horas que dure o evento servirán cañas a 1 euro (A Tasca, Vinoteca Pepa, O Retorno Bar, Bar Bravolux, Sport’s Café, 4 Camiños A Rúa, O Café, Cafetería Luna’s, Route 66, A Cervecería e Tapería Orballo). A animación musical correrá por conta da Agrupación Abertal que percorrerá as rúas da vila cos seus sons tradicionais.

Na presentación da campaña, a alcaldesa da Rúa asegurou estar orgullosa de colaborar con AEVA “unha asociación con moitas iniciativas”, sendo consciente da importancia do sector comercio para o desenvolvemento económico e social da vila, desexando que funcione polo menos igual de ben que o ano pasado. Ademais, nesta ocasión “coincide coas Festas de San Antón en Fontei polo que se prevé que haxa movemento”, concluíu María dando as grazas a AEVA e aos participantes.

Artigos relacionados

Back to top button