EconomíaEconomíaÚltima hora

“Hoxe cociñamos nós”, no Malecón barquense

O Barco CCA promove un obradoiro de cociña infantil os días 16 e 23 de xullo
O presidente do Barco CCA e o coordinador da campaña, na presentación de "Hoxe cociñamos nós"./ Foto: Carlos G. Hervella
O presidente do Barco CCA e o coordinador da campaña, na presentación de “Hoxe cociñamos nós”./ Foto: Carlos G. Hervella

O mundo da cociña achégase aos máis pequenos da vila da man do Barco Centro Comercial Aberto (CCA). Será a través dunha actividade lúdica chamada “Hoxe cociñamos nós”, que se desenvolverá os días 16 e 23 de xullo a partires das 18h. no Paseo do Malecón do Barco (na zona situada nas proximidades do Casino).

“É unha nova proposta que lanzamos pensando nos máis pequenos e no tema da cociña, que está tan de moda. Ademais será un xeito de pasar unha tarde de verán diferente”, sinala o presidente do CCA, Ángel Álvarez.

Consistirá nunhas clases de cociña da man de Mantesil nas que os cativos prepararán unha paella xigante ao aire libre. “Aprenderán cuestións como a importancia dos tempos de cocción ou dos ingredientes”, continúa Ángel Álvarez.

Ademais, unha vez preparado este prato, serán os propios rapaces os que repartirán as racións entre as persoas que se acheguen a zona para degustar o seu traballo. Este obradoiro estará dirixido a nenos con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos e a proposta tivo xa unha moi boa acollida a xulgar polo número de inscricións realizadas ata agora.

Texto: A.R. Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil)

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button