OurenseÚltima hora

“Hoxe quedas na casa…”, a mensaxe de ánimo e ilusión da Ribeira Sacra

 

“Hoxe quedas na casa para vir mañá. Precisámoste máis ca nunca, Paisaxe Cultura Ribeira Sacra 2021”. É a mensaxe con forma de vídeo que vén de difundir a través das redes sociais o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

Nela cada un dos seus membros deste consorcio (tanto os municipios, como a asociación de hostaleiros e o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra) convidan a quedar na casa para despois, cando todo pase, poder visitar cada un dos atractivos deste territorio que se sitúa entre as provincias de Lugo e Ourense e que opta a ser Patrimonio Mundial.

“Esta é a nosa particular achega de ilusión para os veciños e as veciñas, para o tecido do turismo e para aqueles dos que agardamos a visita en próximas datas. Un destino unido hoxe máis ca nunca que se enfronta agora a un dobre reto: reinventarse para levantarse de novo e loitar pola distinción da UNESCO como Patrimonio da Humanidade no 2021”, din dende o Consorcio Turismo Ribeira Sacra.

 

Artigos relacionados

Back to top button