Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Huellas del Cabrera, pola Ruta dos Miradoiros da Ribeira Sacra

 

Neste soleado sábado 6 de novembro dez membros da Asociación Huellas del Cabrera desprazábase ata os Canóns do Sil para realizar a quinta etapa da Travesía Integral pola Ribeira Sacra, tamén chamada Ruta dos Miradoiros, duns 20 quilómetros.

Resultaba “unha ruta espectacular na cal non poidemos disfrutar dos primeiros miradoiros pola néboa pecha que nos acompañou nas primeiras horas da mañá, pero que fixo que os bosques fosen máis máxicos se cabe”, explican os participantes.

 

 

O punto de partida do percorrido era a aldea da Alberguería para visitar ata 11 miradoiros dos mais impresionantes da Ribeira Sacra, “na súa zona máis abrupta na que hai moi poucos viñedos. Entre os miradoiros que vimos podemos destacar: Albergueria, Escadas, Vilouxe, Columna, Cabezoás, Xariñas, Pena da Cividá, Santa Cristina, Portela, Fontiñas, Fental, Balcóns de Madrid. Tamén fomos ao mosteiro románico de Santa Cristina, sempre por sendeiros en bosques marabillosos de castiñeiros e rebolos centenarios”.

Fotos: Lois Prada F.

Artigos relacionados

Back to top button