DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Hugo Sánchez e Damián Anta impóñense na carreira por parellas do Barco

Vinteseis parellas participaron nesta V edición da proba “Obarconamora” celebrada o 21 de febreiro

Non tiveron rivais. A parella formada por Hugo Sánchez e Damián Anta do Club Adas-Proinor son os campións absolutos da V carreira por parellas “Obaconamora” organizada polo Centro Comercial Aberto O Barco e a Federación Galega de Atletismo en Valdeorras.

Na proba, celebrada na mañá do 21 de febreiro, participaron un total de 26 parellas. Hugo e Damián foron tamén os vencedores da categoría masculina, completando o podio as parellas formadas por Nuno Joel Cardoso e Christian Rodríguez, segundos, e Manuel Ares e Manuel Prada, terceiros, todos do club Adas.

Na categoría de parellas mixtas, o primeiro premio foi para a parella formada por Sonia Vázquez e Francisco Ulloa do Club Ribeira Sacra (segundos na xeral), seguidos por Grit Hagen e Pablo Rodríguez (terceiros na xeral) e Carmen Álvarez e Eloy Fernández.

Na categoría de parellas femininas, Ana García e Noemí Ballesteros eran as primeiras en cruzar a liña de meta; Marta Ballesteros e Irea Rodríguez, as segundas; e Maribel García e Margó Macía, as terceiras.

Nas categorías inferiores correron preto de 30 cativos.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button