CulturaCulturaÚltima hora

Humor e educación no consumo responsable cos Monicreques de Kukas no Barco

O espectáculo "Xan Perillán, compra queixo e compra pan" podía verse na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán

Botando man do humor, dos monicreques, da maxia e do clown o espectáculo “Xan Perillán, compra queixo e compra pan” introducía de maneira lúdica e divertida aos máis pequenos no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables no mediodía do 15 de setembro na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco.

Numerosos nenos e tamén maiores desfrutaban desta actuación de Os Monicreques de Kukas que está incluída na programación das Festas do Cristo 2019 no Barco.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

 

Artigos relacionados

Back to top button