CulturaCulturaÚltima hora

Humor e monólogos na noite de homenaxe a Sergio Pazos no FIC de Verín

O actor e comunicador, con gran experiencia en teatro, cinema e televisión foi a figura homenaxeada este ano pola organización deste festival

Sergio Pazos no FIC Vía XIV de Verín./ Foto: FIC.

 

O ourensán Sergio Pazos conquistou co seu humor, en forma de monólogo, a todos os asistentes ao acto de homenaxe que este serán se lle rendía na noite do 10 de setembro no Auditorio de Verín no marco do Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV.

Deste xeito, Sergio Pazos sucedeu a Luis Zahera e a Mabel Rivera como figuras homenaxeadas. Pazos posúe unha ampla traxectoria que inclúe os campos do teatro, do cinema e da televisión. A organización do FIC Vía XIV decidiu distinguir a este actor ourensán pola súa conexión con Ourense e a súa provincia. Na homenaxe que se lle rendiu incluise o visionado dalgunhas das curtametraxes na que Pazo participou e que son representativas da súa carreira. Posteriormente, o propio Sergio Pazos participou nun coloquio cos asistentes ao acto de homenaxe.

 

Foto: FIC.

Artigos relacionados

Back to top button